sábado, 19 de abril de 2014

Vida dun ancián

Hoxe buscando por internet algunha pelicula galega, encontreime tras buscar un pouco unha que me chamou a atención e, aínda que sexa de debuxos animados conta unha historia realista e que verdadeiramente fainos pensar un pouco sobre nós mesmos e o noso comportamento cara os anciáns.

Emilio (esquerda) e Miguel (dereita) na ximnasia

A película da cal estou a falar é "Enrugas", nesta película veremos como o protagonista, o cal é un vello chamado Emilio. A historia comeza co seu ingreso nun xeriátrico e no progreso da pelicula o seu compañeiro de habitación Miguel axudaralle á disimular o seu alzheimer.

Persoalmente esta película pareceume maravillosa, ten momentos tristes os cales ademais de facerte sentir desa maneira, tamén fan que penses un rato, e dicir eses momentos tristes non están so para que se vexan e xa. Están alí porque queren facer que penses que intentes mirar dentro de ti e vexas a súa situación.
Por exemplo nalgúns momentos ves como inclusive Miguel cre que aos vellos os desechan e xa non os quere ninguén e que por iso están alí. Tamén cre que os enfermos mentais xa están perdidos e que é mellor non ir ao seu piso.

Asombroume moito a maneira en que Emilio intenta vivir os seus últimos instantes cuerdo como el quere vivilos, coma él mesmo e non coma un preso nunha cárcere, sen embargo ó final Emilio sucumbe ao alzheimer. Sen embargo a parte que máis me gustou foi cando Miguel opta por cambiar e axudar aos demais. Ó final, no cal están Miguel, Emilio e a Flaca (como a chama Miguel) gustoume moito sobre todo polo sorriso de Emilio.

En definitiva unha película moi realista e bastante dura ó meu parecer, sen embargo non faltan os momentos cómicos nesta película, xa que incluso a vida non é completamente mala.

Deixovos un enlace (pulsade "continue to video") para vela, xa que todolos outros enlaces aos que fun a tiñan cancelada.
Disfrutadea tanto como a disfrutei eu, non sentín para nada que malgastara o meu tempo con esta peli, é máis, sinto que investín moi ben o meu tempo ao mirala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario