sábado, 22 de febrero de 2014

Cada día a mellor

IN-CRE-I-BLE.

Absolutamente increible, e non o digo por que sexa algo xenial, se non tal e como se le, non cho podes  (sobre todo nestos tempos).
O outro día estaban a dar as notizas e nelas, coma sempre, a xente protestaba polo goberno actual, pero o que me chamou atención foi unha muller que dixera algo sobre os caciques actuais.
Foi oílo e non crelo, como pode ser que os caciques, aqueles homes do pasado xa un pouco lonxano, aqueles que dicíanlle a xente dos pobos a que patido tiñan que votar, e os habitantes como asnos, obedecíanlles.

Estes caciques actuais actuan dunha forma un pouco diferente, estas persoas con abundante diñeiro collen a algún pobre home (aínda enriba machismo) que non teña traballo, e o coloca nun alto cargo, claramente isto fanno con aquelas persoas de familias coñecidas no suposto pobo, aínda que a persoa elixida non teña nin idea das funcións do seu novo traballo.

Logo manipulan a estes elexidos para os cargos para que influenzen as outras familias do pobo, e como estas persoas non queren quedar sen traballo outra vez, pois fánlle caso; desta maneira o cacique cumple o seu obxectivo. Sinxelamente penoso. Non si?

Aínda así, non todo queda nos pobos e no campo; tamén gustaríame destacar o favoritismo, sobre todo nos deportes ( e en moitas máis cousas) xa que iso vivinno eu no meu propio club de natación.
Eu nado no Club Natación de Ferrol e o meu pai é vicepresidente dende hai pouco, a sorpresa era que a maioría do presuposto para Deportes ía para unha actividade moi coñecida, seguro que a sabedes aínda que non vola diga, estou falando do fútbol, ese deporte todopoderoso para os españois. Pois estes clubs de futbol cobraban máis da metade do presuposto, o cal deixaba ao resto de deportes cunhas migaxas de diñeiro, grazas a iso o club non pode permitirse levar a todos os nadadores xa que: as comidad, o hotel, a inscrición,.... Serían grandes costes para o club, tamén cabe destacar o pensamento de que son "malos nadadores" a aqueles aos que non se lles pode levar.

E isto sen mencionar que, os nosos queridos amigos os políticos collen parte do diñeiro de presupostos e danllo a un amigo, a un familiar ou, como e normal neste país robalo para quedarcho ti.


martes, 18 de febrero de 2014

¿Como facerlle un traballo a Manolo?

Serxio e máis eu fixemos un vídeo, no cal expoñemos nosas ideas, para facer un vídeo da rebeldía galega para a clase de Historia de Galicia. Nós debatemos entre facer un vídeo sobre os irmandiños ou sobre os sucesos no Monte Medulio.

Podedes velo pinchando aqui


domingo, 16 de febrero de 2014

¿Reconversión industrial?

Este tema foi presentado varias veces a debatir debido á gran polémica que representa.
O inicio disto empeza a mediados dos anos 70, coa morte de Franco e o inicio da suposta democracia que nos governa, cando a OCDE propone un planteamento xeral para a aplicación  dunha reconversión industrial na economia dos países industrializados, esto foi, para garantizar a competitividade das empresas do sector, e gracias a iso conseguironse numerosos despidos en numerosos lugares de España: a ría de Bilbao (AHV), Ferrol (astilleros públicos, tanto militares como civís), a bahia de Cádiz (astilleros).

Agora, centrándonos en Ferrol, contemplamos o panorama desta reconversión.
Os sucesos comezaron coa crisis do petróleo, ocasionando que se deixaran de construir petroleiros nos astilleros.

A comezos dos 70 se empezan a producir os primeiros problemas en Ferrol, entre eles o máis destacado é a conflictividade entre os traballadores e a dirección durante a firma do V Convenio Colectivo, este convenio non foi aceptado polos traballadores, e a dirección decide expedientar a dous traballadores, sen salario e prohibión de entrada na factoría. O 10 de Marzo de 1972 prodúcese unha folga como mostra de solidariedade con estes dous traballadores, cando esta manifestación se dirixía polo astilleiro de Fene a policía franquista disparou contra a multitude ocasionando dous mortos(Amador Rey e Daniel Niebla) e moitos feridos.


Manifestación do 10 de Marzo de 1972
 Dende entón este dia e recordado como "o Día da clase obreira galega", tamén tivo como repercusión que Ferrol foi considerada como unha das cinco zonas máis conflitivas de España.


Cando morre Franco, o goberno español comenza as negociacións cos sindicatos, en 1978  firmase o primer acordo o cal deixa os astilleros ferrolanos en peor situacion que calquera outro.Sen embargo o máis influínte foi acordo de 1984 o cal afectou a miles de traballadores; na ría de Ferrol durante o periodo 1979-1989, entre ASTANO e Bazán perderonse 7670 empregos directos asi consecutivamente ata o antepenúltimo plan, firmado en 1994 e, como non, reducindo pouco a pouco a plantilla.

Desta maneira, Ferrol tiña 91.764 habitantes en 1981, e progresivamente ese número foise reducindo ata os 77.155 de 2005, en 24 años a población de Ferrol diminuiu nun 16%, sen embargo, Galicia creceu un 0,3%, a provincia coruñesa creceu nun 4% e vigo agrandou nun 13,5%, (todas no mesmo período).
Por que entón so Ferrol diminuiu? Porque os poderosos quixeron, a eles dálles o mesmo que miles de persoas sofran e queden como pouco mais que lixo na rúa se eles consiguen o seu diñeiro,manteñen a sua ansiada posición e disfrutan a exclusividade das cousas que nos quitan.

Se esta cidade se recuperara e o empleo volvese aos lugares de onde eles o eliminaron permitiremos que nolo volvan a quitar?