domingo, 26 de enero de 2014

Antonia Sanchez "A matriarca de Alles"

Miña avoa, Antonia Sánchez Villar González Mier, naceu o 7 de Xaneiro de 1933, era melliza e naceu con outro neno, pero este morreu poucas horas despois de nacer. De pequena sempre ía a escola pola mañá e pola tarde traballaba no campo.
Casouse con Manuel Jesús Mier López o 8 de Agosto de 1959, ela tiña 26 anos e él tiña 29 anos.

Miña avoa e meu avó na súa voda
Despois de casarse mudáronse a Santander onde o meu avó traballaba de taxista e máis adiante traballou como camioneiro nunha empresa chamada Monogra.

Miña avoa co meu pai en brazos


Meu avó co meu pai (á dereita) xunto
cos compañeiros de traballo
Sen embargo aos seis anos de estar casados, él morre nun accidente e a miña avoa volve a Alles co meu pai e o meu tio Luís.

Despois da guerra "os maquis" viñan a robar víveres e unha vez ela quedou atrapada nun comercio cercano ao pobo onde eles viñeran a robar; ata que "os maquis" se foron, tiveron a todas as persoas pegadas ao chan.
Tamén recorda  dun día cando baixaba coa súa nai para o centro do pobo e viron como un rapaz topábase con dous homes da Garda Civil, estes déronlle o alto e o rapaz crindo que era una broma pasou deles, un dos homes disparou ao rapaz xusto diante de Villa Mier e non deixaron que ninguén se acercara ata que o rapaz se desangrou.

Esta casa é Villa Mier ,diante dela foi asasinado o rapaz
Aos 44 anos mentres lava a ropa cáese no lavadoiro, e teñen que operala por un desprendemento de retina, isto dificultoulle facer certos traballos. Como a bisavoa morrera, era ela quen coidaba a todos.
Xa cando todos os seus irmáns marcharon quedou ela co seu pai e os seus fillos. O meu pai e o meu tio colleron de traballo a rama militar e fóronse do pobo, o bisavo morreu pouco despois e a miña avoa quedou soa.

Agora imos visitala cando podemos, no verán.

Miña avoa na actualidade

Manuel Jesús "o cazador de Peñamellera"


O meu bisavó Manuel Jesús Sánchez González naceu o 13 de Setembro de 1903. Era cazador, dende xoven aficionouse a isto e ademais era un complemento para a economía doméstica.

Esta é a súa licencia de cazador

Este é o meu bisavó Manuel Jesús

Casouse aos 19 anos con Ángela Villar Mier (18 anos) e tiveron 12 fillos, pero un deles morreu ao nacer.

O meu bisavó Manuel Jesús e a miña bisavoa Ángela Villar
Él xa era da Falanxe incluso antes da guerra, perseguíronno por estar afiliado a esas ideas. Colléronno preso os republicanos e o levaron aos campos de concentración de Oviedo. Ali os torturaban, e obligábanlles a facer traballos forzados e tamén os mataban; meu bisavó fíxose pasar por enfermo e conseguiu escapar, camiñou todo o camiño de volta e escondeuse nunhas covas cercanas, onde a familia traíalle a escondidas un pouco de comida, sobrevivíu deste modo ata que os nacionais chegaron á zona. Durante o tempo que estivo escondido a miña bisavoa tivo que coidar aos seus primeiros seis fillos sóa.
Trala chegada dos nacionais a Asturias polo Occidente desenterraron as fosas comúns e alí moitos familiares foron a recoñecer os corpos,os cales estaban maniatados e tiñan as bocas cosidas con alambre.

Trala Guerra Civil o seguiron pasando mal debido á escasez de alimentos. Xa rematada a guerra todavía quedaban algúns focos de resistencia "os maquis" aos cales os da zona chamaban "los emboscaos", estes eran o que quedaba das forzas republicanas, actuaban coma guerrillas, baixaban de vez en cando aos pobos para coller o pouco que tiña a xente nas casas. Seguiron con esa dinámica durante varios anos e incluso mataron a algunha persoa do pobo.

Xa vellos celebran as bodas de ouro.



Finalmente ela morre aos sesenta e nove anos e él morre aos 79.