Tras ler algúns libros na biblioteca do meu instituto decateime por
facer unha entrada del, xa que aínda que os libros parezan raros en algunhas
partes, ou surrealistas, a min indicame que o seu autor ten moita
personalidade.
O autor destes libros é David Rubín, aínda que o que lin foron os seus primeiros libros, xa fixera alguns relatos cortos con anterioridade, tales como "Dos veces breve", "Tos"e "Humo".
|
David Rubín fumando a tope |
Se quixera destacar algo dos libros? Pois serian as historias en si. Nelas utiliza temas como a soidade, o amor e neste último tamén se inclue a súa perda. O máis caracteristico destes relatos é que maioritariamente para estes utilizase a si mesmo coma protagonista, e nas outras ocasións utiliza a heroes míticos tales como Hércules, coma por exemplo no libro "El Héroe".
|
O libro "El Héroe" |
Tamén pode verse en case todos os relatos que os finais non son precisamente os máis desexados. A maioría acaban de maneira tráxica, triste ou violenta; sen embargo algúns poucos sálvanse. E dicir, maioritariamente os seus relatos son bastante amargos e incluso algo intimos, xa que David Rubín expresa nos seus relatos o seu estado anímico e a sua situación amorosa.
|
Viñeta de "El circo del desaliento" |
Entre os seus libros e obras destacan:
|
"El Héroe" parte 1 |
|
"El Héroe" parte dos |
- Beowulf ( este é dos máis recentes)
Sinxelamente eu convidovos a lelos xa que eu só lin os de "El Hèroe" e "El circo del desaliento" e deixaronme bastante sorprendido e satisfeito; nas clases de Historia de Galicia cando baixabamos a facer traballos eu sentabame na mesa a lelos xa que cando o noso profesor Manolo comentounolos, tiven interese neles. Se queredes saber sobre a biografía de David Rubín podedes pinchar
aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario