Podedes pensar que estou tolo pero pensaschedes algunha vez en xogar a un xogo en galego, ou que fose feito aqui en Galicia? Por suposto non me refiro a xogos de aventuras interactivas que fan agora, maioritariamente dirixidos pola Xunta nos cales só tes que ir clickando. Eu non digo que estean mal, pero poderíanse facer xogos moito mellores se simplemente se lles dera unha oportunidad ás empresas de xogos galegas, por exemplo Alia 3D e Pixel Graphics as cales son protagonistas desta noticia do ABC.
É dicir que se fixeran xogos máis avanzados, para plataformas actuais tales como a ps3, a ps4, a psp, etc..
Pero claro, somos galegos, os nosos xogos estarian en galego e como a ninguén lle interesaría un xogo en galego debido a que non vendería, pois non se crean. Sen embargo eu confío en que os xogos galegos non estarian nada mal, unha solución ao problema que non lles gusta aos que pagan á creación dos xogos sería facer o xogo coas dúas linguas, como ocorre con moitos xogos que teñen a elección do idioma no cal queres o xogo.Seguramente ás ideas que moitos rapaces teñen nas súas cabezas serían xeniais. Pero coma sempre o diñeiro sempre está por diante de todo.
Ademáis se un ponse a pensar, quen querería un xogo en galego? A nosa sociedade aínda fala galego, pero por canto tempo? Xa case ningúnha rapaza ou rapaz o fala. A medida que pasa o tempo o galego vaise facendo un idioma que falan as persoas avellentadas. Xa sei que hai excepcións pero é un proceso tan asentado que é moi dificil paralo xa.
Sen embargo, os xogos non terían porque ser os de sempre. Algunha vez vichedes algún xogo ambientado en Galicia? Eu non, e gustaríame moito un xogo tipo GTA ou algo parecido en Galicia e poder visitar por exemplo a miña propia cidade. Tamén non vin polo momento ningún xogo que trate sobre os celtas ou da historia de Galicia. Xa que hai xogos no cal controlas a un romano na sua vida cotiá e na súa vida de guerreiro, por que non facer o mesmo cun celta ou mesmo cun galego na Idade Media? Eu creo que sería apaisoante e inclusive se o fixeran basado na historia, poderian ser xogos divertidos e con caracter educativo xa que mentres vas avanzando no xogo van aparecendo referencias a procesos da historia e inclusive o poder participar nalgunhas revoltas que sucederan, por exemplo un xogo ambientado nas Guerras Irmandiñas. Sendo o protagonista co cal se xoga un campesiño calquera, e aínda sen ser un héroe, o poder ver a súa determinación, a súa ansia de liberdade a cal ocorreu no pasado, plasmado na túa pantalla.
Sinxelamente eu creo que os xogos galegos poderían ser incribles se simplemente lles deran oportunidades, sen embargo e como é facil de predecir, iso é algo que é moi pouco posible que suceda.
Por favor comentade que vos parece este asunto, xa que a min pareceme moi interesante como para deixalo nun simple argumento dun texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario