Pareceme interesante así que vou a contar un soño que tiven onte.
Seica non o ides crer pero resultou que o soño era tan real que pensaba que había viaxado no tempo, sen embargo soupen que non era eu mesmo ao mirarme as mans e tocarme a cara.
¿Quen demonios era a persoa na que agora eu estaba metido?, esta pregunta quedou resolta en menos de dez segundos, vin a un home pasar polo camiño que estaba preto do prado no que eu me encontraba, non tiña moi boas pintas pero envalentoneime e decidín preguntarlle onde estabamos.
O home ao verme puxo unha cara coma de respeto por outra persoa e faloume:
-Moi bos días abade Brendán.
Non entendía moi ben a situación pero polo menos o meu nome nese lugar era case o mesmo, sen embargo sorprendínme co de abade.
-Bos días a vostede a tamén.Por certo,¿podería dicírme onde estamos?
-Como que onde estamos? ¿E onde íamos estar? Na nosa terra señor abade, en Irlanda, en Galway.
¡Arre demo! ¿que facía en Irlanda?.
De repente un vórtice tragoume...
Aparecín cerca dun monasteiro pero o mais resaltado era o home que estaba diante mía; era máis vello do que debía de ser eu nese soño, o vello home púxose a falarme de cousas que non sabía. Despois da larga aprendizaxe (xa que intentei entender o mas que puidera do que me dixese aquel home), pediume o favor de ir a buscar o seu fillo chamado Mernoc que, segun él, influenciado polo seus relatos, partira hacia a illa de Irlanda.
Outra vez vin aquel vórtice o cal tragoume de novo, e tras uns instantes de mareo aparecín diante dunhas barcas, mirei ó meu arredor e había uns catorce monxes, todos tiñan caras serias pero non sei porque eu sabía que eran de confianza e algo que non comprendía aínda máis era que sabía os seus nomes.
Partimos mar adentro, sen embargo antes de marchar quixeron acompañarnos outros tres monxes (sen embargo estes non me pareceron moi fiables).
Xa sen poder ver na lonxanía a terra sentín iso da morriña aínda que esa non era miña terra verdadeira, os días pasaban coma se foran segundos e ao final chegamos a unha illa cun castillo deshabitado; nada máis baixar viño a "saudarnos" un perro o cal guiounos ata una vila vacía. Alí permanecimos tres días e sempre encontrábamos a nosa comida preparada; non sabiámos por quen xa que non habíamos visto nin unha alma en toda a illa, sen embargo decidimos irnos cando dous dos monxes dixeron haber visto a un diablo etíope tralo cal un dos tres monxes dos que desconfiaba morreu tras confesar que había roubado.
Fomos navegando e pasamos ao lado dunha illa con moitas ovellas asi que chamareina illa das ovellas xa que non tiña outro rasgo característico. Ó final chegamos a unha illa desprovista totalmente de vexetación asi que como eu era o "xefe" daquel grupo ordenei parar alí a dormir. Pola mañá os outros monxes dixeron de de celebrar a misa de Pascua sen embargo non puidemos xa que a illa empezou a moverse e retirámonos as nosas barcas, recomendei que nos alexaramos da illa o máis rapido posible. Xa un pouco lonxe pudimos ver como a illa moviáse de maneira peculiar.... !Era un pez dun tamaño titánico¡
eu non tiña nin idea de que era esa cousa pero os demais souberonnno identificar, o Jasconius.
Despois daquel susto chegamos a unha illa con moitos paxaros, de toda clase: grandes, pequenos, azuis, vermellos, negros, brancos,co pico largo, co pico curto, etc...
Aquel era un paraíso para as aves, sen embargo antes de partir da illa un dos paxaros dixome a verdade do lugar; confesa que os paxaros habitantes desa illa son en realidade ánxeles que non participaron na loita entre o arcánxel Miguel e Lucifer.
Outro vórtice apareceu ao subir á barca e cando volvín a estar consciente e preguntei canto tempo había pasado dende a nosa visita a illa dos paxaros, dixéronme que pasaran xa tres meses e que non encontraramos todavía ningunha outra illa; como sempre para min os días pasaban coma segundos e rápidamente chegamos a outra illa na que había varios monxes vivindo pero decidín que nos marcharíamos pronto xa que interrumpiríamos o seu voto de silencio.
Non pasou moito tempo (sobre todo para min) ata que chegaramos a unha nova illa; nela vivían tres monxes dedicados completamente á oracion, é dicir, tres anacoretas.Nesta illa había un bosque moi profundo no que perdimos ao segundo dos monxes nos que desconfiaba.
Tralo pequeno percance chegamos a unha illa onde crecían as vides de maneira apabullante, polo que collimos unhas cantas uvas necesarias para a consagración.
Estaba a piques de ser Navidade, e outra vez non tiña nin idea de porque sabía esas cousas xa que non tiña nin idea de en que mes estabamos, polo que decidimos volver a illa dos monxes co voto de silencio e, sen molestalos, celebramos a Navidade.
Ó ultimo dia recollimos todo e marchamos dando as grazas aos monxes que alí vivían, pero habería sido mellor que non, xa que tras abandonar a illa e perdela de vista divisamos ao horizonte como un sinfín de monstruos acercábanse a nave escupindo lume; claramente ao ver tal visión aterradora ordenei dar media volta e remamos con todas as nosas forzas ata que deixaron de perseguirnos, sen embargo conseguiron levarse ao último monxe dos que desconfiaba. Dínlle o nome do Paso do Inferno e non precisamente por que me gustaran os demos.
Proseguímola nosa viaxe ata chegar ao que para min foi o máis impactante na viaxe; un pilar de cristal dun tamaño descomunal o cal tardamos tres días en bordear e todo a través dun mar que agora parecía feito de néboa.
Finalmente alcanzamos a fronteira da Terra Prometida información que nos proporcionou un anacoreta, San Pablo "o Ermitaño" que levaba vivindo alí sesenta anos segundo o que el dixo. Despois das despedidas formais marchamos nos botes, e encontramonos sorpresivamente con pez xigante Jasconius outra vez e decidimos seguilo.
Aquela masa xigante guiounos ata o que calquera home recoñecería, a illa do Paraíso.
Estabamos a piques de chegar, e cando por fin estabamos na orilla e puxen o meu pé naquela area tan fermosa....O vórtice apareceu, esta vez con moita forza e sentín coma se caese eternamente.
E de pronto,¡zap!,abrín os ollos coma se alguén me houbese dado un susto, pero, reconfortoume moito volver a estar na miña cama...na miña casa...na miña terra.