viernes, 16 de mayo de 2014

Eucalipto = Negoción

Non sabia que traballo facer ata que recordei unha das miñas viaxes ó pobo da miña avoa en Asturias.
E recordo perfectamente que aínda que ninguen se libra dos condenados eucaliptos, ali coidan o bosque autóctono. Por exemplo todas as tardes marchaba cara a Tahona de Besnes polo camiño antiguo e era un camiño de terra que ao meu gusto, pasaba polo medio do bosque.
A min sinxelamente, encantame ir por ese camiño. Sinteste coma se por primeira vez tiveras contacto coa natureza. Andas por un bosque denso no cal as súas árbores cobren o sol deixando pasar raios de luz, e oes os pitiños dos paxaros e o fluir dun pequeno río.

Sen embargo en Galicia a cousa non é tan boa, como non vaias ás Fragas do Eume non vas a ver árbores autóctonas nas cercanias. É vergoñento que non poida saír da cidade e ver unha árbore da miña terra.
Pero como non, pesan máis o diñeiro e a economía.

Se tivese que dicir a miña opinión neste ámbito pois é de dicir, que non sabería dicir unha con seguridade. Porque o futuro disto é moi incerto.

Se me poño a pensar consigo dúas posibilidades, pero seguro que hai máis.
Unha sería a desaparición do bosque autóctono por completo e todo o que foi noso desaparecerá e cando ti lle contes aos teus netos o bonitos que eran aqueles bosques de carballos e robles, eles preguntaranche que a onde fuches de viaxe.

Outra sería o avance do cultivo do eucalipto ata extremos (igual que na anterior) pero deixando uns puntiños minúsculos para as arbores autóctonas. E como non, se queda pouco dunha cousa porque non van a utilizala para conseguir diñeiro? Collerán as árbores, as trasladaran a un centro, museo ou mostra e terás que pagar para ver algo que te foi arrebatado.


E para isto convidovos a ler un análisis que Green peace fixo para o tema do eucalipto.
Pinchade aqui para lelo.

Invitovos encarecidamente a que dedes a vosa opinión sobre o asunto que mencionei máis arriba sobre que, seguro que hai máis posibilidades do futuro para os nosos bosques.