viernes, 18 de abril de 2014

Galego para os meus oídos

Hoxe, pensei en que ou nunca ou case nunca escoitara unha canción galega que me gustara, ata hoxe. A verdade é que fun a youtube para ver se había algunha canción ou melodía galega que me gustara.
Cal foi a miña sorpresa ao oír unha melodía máis que coñecida e que xa olvidara, "O son do Ar" esta melodía a cal xa ten os seus anos era unha que escoitaba moitas veces de pequeno, tranquila, relaxante, fermosa e sobre todo moi de Galicia.

Esta canción compusoa o grupo galego Luar na Lubre, este grupo empezou con esta melodía a cal é coñecida en distintas partes do mundo. Utiliza para as súas cancións a cultura galega e celta.

Moita xente confunde que esta melodia foi composta por Mike Olfield pero en realidade foi composta polo grupo galego. Mike Olfield colleu despois a canción e fixo outra versión.

Deixovos aqui a melodía e convidovos a mirar os bós comentarios e o aceptamento que ten unha canción de galegos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario