Hoxe tralo exame de Historia de España, volvendo a casa, fixeime e pensei nalgunhas cousas.
Para empezar fixeime na pouca atención aos nenos.¿Ninguén pensou de verdade en cubrir os parques nunca? Eu creo que co clima típico en Galiza, en outono e inverno chove bastante polo que non estaría mal se puxeran os parques cubertos para candp choiva xa que, se chove os parques mollanse e os nenos non poden utilizalos, e aqui en Galiza coa choiva intermitente nalgún mes e un verdadeiro fastidio para os nenos.
Podería poñer como exemplo os parques de Noruega, alí a maioría dos parques estan cubertos para que os nenos poidan seguir xogando.Iso si é preocuparse polos nenos.
Outro caso é nos adolescentes, neste caso a atención a eles é mínima. Por exemplo cando os veciños queixanse dos botellóns, os dirixentes municipais non fan máis que cambiar o lugar do botellón. e eu preguntome por que será que o botellón é tan famoso? Principalmente porque custache o mesmo ou aínda menos que entrar nunha discoteca e pedir unha consumición, socializaste mellor ca nun bar, xa que non tes que falar educadamente e podes facer algunha burrada e te divirtes porque aínda que o alcohol lle sentara mal a alguén, ó final pasouno ben. Coidado e preocupación polo adolescentes nula,incluso nalgúns casos somos tratados coma delincuentes.
Non so pensei na sociedade. Ao ver unha monte ao lonxe recordei a clase de xeografía, e recordei a vexetación autóctona de Galiza (hayas, robles, encinas,...) é dicir unha vexetación atlántica, sen embargo, eu non vexo nada diso, sempre que paso por algun bosque nalgunha viaxe por unha competición en Galiza vexo sempre o mesmo, eucaliptos,eucaliptos e.... máis eucaliptos. É moi vergoñento que a pouca vexetación autóctona coñecida sexa as das Fragas do Eume, e iso que inclusive alí hai eucaliptos.
Unha noticia recente foi a instalación das depuradoras para as rías; e ben que lles facía falta. Supoño que máis de algún dos que vive en Ferrol (sobre todo os que viven en Caranza coma eu) oleu o "perfume" que desprende a ría, unha pestilencia magna, un fedor insoportable que non hai quen o ature.
Pois ben impresionoume moito a noticia, sobre todo porque as obras son xusto diante da miña casa (por certo non deixan case sacar o coche) e aos obreiros víaselles traballar cada dous semanas, pero de repente empezaron a traballar coma tolos. Ó final descubrín porque empezaron a traballar rapido e é porque Freixo vai vir a inauguras o auditorio, o cal esta xusto en frente das obras. Pero, tamén descubrín porque deulles por construír agora as depuradoras e non o fixeron xa hai catro décadas; a resposta tiña que ver con diñeiro seguramente, e así foi, empezaronnas a construír porque se non o facían a Unión Europea multaríalles.
Vaia panda de porcos avariciosos.
Por último gustaríame destacar a desvantaxe do campesinado galego fronte aos latifundios do resto de España e as economías agrarias do resto de Europa. Os campesiños galegos e os seus minifundios no teñen posibilidades. Que adolescente quere ser de maior agricultor ou ganadeiro? Ningún!!!!
E non é moi difícil nin de crer nin de explicar, quen quere un traballo no cal traballas coma un can e os teus ingresos son mínimos? Sobre todo agora na nosa situación....
Definitivamente eu creo que a Galiza, os dirixentes a teñen no punto de mira. De onde sacan madeira? De Galiza. Onde hai "acento cerrado" e "pailáns"? En Galiza. De onde ven a choiva? De Galiza.
Galiza,Galiza,Galiza.....
Máis estereotipada e máis perxudicada imposible. Aos galegos tomannos por burros ou tontos que non saben nin ler nin escribir correctamente, pensan que só dedicamonos a comer caldo e pulpo, pensan que somos simples, que non somos traballadores, que non sufrimo-la crise, que non hai preocupacións, que aqui simplemente comemos e durmimos e xa nos ven o diñeiro só.
Farto!!!! Estou farto de que sexamos a esquina abandonada de España!!!
Supoño que con isto, xa soltei un pouco de rabia....
1-Concordo co dos parques cerrados. Por exemplo: Acaban de facer obras na Praza de España, e ningún dos bancos é cuberto, e dicir, coma chova tes que quedar na casa.
ResponderEliminar2-Concordo co do botellón. É algo normal, as discotecas e os seus prezos son atracos a man armada. Un exemplo é que os xóvenes emborráchanse antes de entrar, para que a borracheira lles saia rentable, non é así?
3-Que te mosques por que a certos galegos se lles atribuia o de "acento cerrado", non me parece ben. Si, se que está considerado un prexuízo e todo iso. Pero qué pasa? Son os galegos aos únicos que se lles tilda de acento cerrado? Porque eu penso que os andaluces teñen un castelán cerrado, e os americanos e a sua forma de falar en inglés parece sacada do medio do monte, o te acostumbras a como falan, ou non entendes nin papa.
Pareceume unha boa entrada, poderíase facer un debate acerca de todo o que comentas.