miércoles, 7 de mayo de 2014

Novos vs anciáns

Imaxinádevos por un momento a Galicia en 2040. Que pensades que haberá? Eu, sinxelamente, creo en que a nosa comunidade será o asilo de España, se segue polo camiño que vai.

Isto xa mo teño imaxinado. Aos 44 anos vir aqui ou simplemente saír da casa (para os que quedaran aquí) e non ver máis ca un neno nunha rúa chea de anciáns e adultos. E só por iso o futuro tanto deses nenos coma dos anciáns será escuro. A non ser que a xubilación se adiantase máis anos (que o goberno é capaz de todo) a xubilación aparecería como un dos principais problemas e causas de preocupación para os anciáns, xa que se non hai un numero suficiente de persoas traballadoras, os anciáns non poderan obter a súas pensións ou unhas pensións suficientes.

Pero, deixando iso de lado. E que pasará entón? Para min habería dúas posibilidades: que xóvenes españois ou inmigrantes veñan a Galicia para apoiar unha recuperación de natalidade, ou que simplemente como pobo galego que somos, desaparezamos (algo parecido ao vídeo do noso profesor Manolo) e sexamos algo parecido a unha especie en vías de extinción. Porque non poño como posibilidade que sexan os propios galegos os que recuperen a natalidade? Porque ao meu parecer a maioria dos galegos  acostumaronse aos prexuizos que o restode España imbuiunos, e o aceptan. Desta maneira, para que ter fillos se Galicia non terá futuro?
Con esta maneira de pensar é coa que condenámonos a nós mesmos.

Pero xa que estou a falar de Galicia, poñereime tamén con Ferrol, e precisamente non é que vaiamos pola boa vía. Podedes velo aqui.

Convídovos a darlle un vistazo a esta páxina na cal se reunen varios datos da poboación de Ferrol, tanto actualmente como en relación ao pasado.

Para finalizar deixovos o Padrón de 2013 para que vexades a diferenza en cantidade que había entre os máis novos e os mais vellos fai só un ano.


Población de FERROL por sexo y edad 2013 (grupos quinquenales)
EDADHOMBRESMUJERESTOTAL
0-41.3111.1642.475
5-91.4331.3302.763
10-141.3741.2682.642
15-191.3501.3072.657
20-241.5821.4743.056
25-292.0141.8633.877
30-342.5172.3234.840
35-392.7042.6305.334
40-442.4802.5545.034
45-492.5362.7265.262
50-542.5802.8075.387
55-592.3572.7185.075
60-642.2412.6654.906
65-692.1242.6454.769
70-741.5171.9803.497
75-791.5702.3513.921
80-841.1452.0333.178
85-7381.8212.559
TOTAL
33.57337.65971.232

No hay comentarios:

Publicar un comentario