miércoles, 7 de mayo de 2014

O pobo galego sen galego

Agora mesmo na actualidade moita xente di que en Galicia fálase galego maioritariamente, como por exemplo din nesta páxina. Nela dise que o galego e moi falado en Galicia, que case todos os galegos queren falar galego e que realmente o galego non está en perigo.

Aínda que algunhas cousas sexan certas, eu non creo que a maioria dos galegos falen galego. Grazas a bastantes viaxes que fixen, viaxei bastante por Galicia e non me encontrei a tanta xente como se di nesa páxina quefale galego. Por exemplo de rapaces da miña idade só conozcoa dous que o falen sempre, e un deles non é de aquí, de Ferrol.

Por outro lado nin de broma creo que os galegos queran falar todo en galego. Na miña vida escoitara iso. De verdade as persoas, co acostumadas que estan a falar en castelán cambiaran ao galego? Conlevando iso a cambios bastantes molestos para eles? Por exemplo no traballo, ou en asuntos estatales.

Pero o mellor é o de que o galego non está en perigo, nin moito menos. A educación fai que moitos nenos acaben falandoo, non si? Pois non. Moitos nenas/os e rapazas/ces acaban falando en castelán debido aos prexuízos do galego e pode verse como o uso do galego vaise deixando de lado a medida que avanzan os anos, vendo que son as persoas máis vellas as que máis o utilizan e as máis novas as que menos.

O futuro do noso idioma é a este paso a súa desaparición. Nin medidas do goberno nin profesores virtusos ós que lles guste falalo e ensinalo poderán cambialo.
Dentro de trinta e pico anos pode que o galego sexa unha lingua casi extinta que só se fala en determinados puntos focais, e que coa morte dos seus falantes acabe desaparecendo.
Este é o meu punto de vista sobr o futuro do galego. Como pode sobrevivir un idioma as inclemencias da sociedade?
Pode que aínda se estea a tempo de salvar ó idioma galego , pero, eu creo que nun futuro o galego desaparecerá e o fará lenta e silenciosamente, sen que ninguén se dea conta ata que sexa demasiado tarde e cando os nosos netos nos pregunten por aquel idioma, nós , que non o falamos a excepción de no ámbito educativo que lles responderemos? Nese momento poderá revivir?

No hay comentarios:

Publicar un comentario