sábado, 22 de febrero de 2014

Cada día a mellor

IN-CRE-I-BLE.

Absolutamente increible, e non o digo por que sexa algo xenial, se non tal e como se le, non cho podes  (sobre todo nestos tempos).
O outro día estaban a dar as notizas e nelas, coma sempre, a xente protestaba polo goberno actual, pero o que me chamou atención foi unha muller que dixera algo sobre os caciques actuais.
Foi oílo e non crelo, como pode ser que os caciques, aqueles homes do pasado xa un pouco lonxano, aqueles que dicíanlle a xente dos pobos a que patido tiñan que votar, e os habitantes como asnos, obedecíanlles.

Estes caciques actuais actuan dunha forma un pouco diferente, estas persoas con abundante diñeiro collen a algún pobre home (aínda enriba machismo) que non teña traballo, e o coloca nun alto cargo, claramente isto fanno con aquelas persoas de familias coñecidas no suposto pobo, aínda que a persoa elixida non teña nin idea das funcións do seu novo traballo.

Logo manipulan a estes elexidos para os cargos para que influenzen as outras familias do pobo, e como estas persoas non queren quedar sen traballo outra vez, pois fánlle caso; desta maneira o cacique cumple o seu obxectivo. Sinxelamente penoso. Non si?

Aínda así, non todo queda nos pobos e no campo; tamén gustaríame destacar o favoritismo, sobre todo nos deportes ( e en moitas máis cousas) xa que iso vivinno eu no meu propio club de natación.
Eu nado no Club Natación de Ferrol e o meu pai é vicepresidente dende hai pouco, a sorpresa era que a maioría do presuposto para Deportes ía para unha actividade moi coñecida, seguro que a sabedes aínda que non vola diga, estou falando do fútbol, ese deporte todopoderoso para os españois. Pois estes clubs de futbol cobraban máis da metade do presuposto, o cal deixaba ao resto de deportes cunhas migaxas de diñeiro, grazas a iso o club non pode permitirse levar a todos os nadadores xa que: as comidad, o hotel, a inscrición,.... Serían grandes costes para o club, tamén cabe destacar o pensamento de que son "malos nadadores" a aqueles aos que non se lles pode levar.

E isto sen mencionar que, os nosos queridos amigos os políticos collen parte do diñeiro de presupostos e danllo a un amigo, a un familiar ou, como e normal neste país robalo para quedarcho ti.


No hay comentarios:

Publicar un comentario