O inicio disto empeza a mediados dos anos 70, coa morte de Franco e o inicio da suposta democracia que nos governa, cando a OCDE propone un planteamento xeral para a aplicación dunha reconversión industrial na economia dos países industrializados, esto foi, para garantizar a competitividade das empresas do sector, e gracias a iso conseguironse numerosos despidos en numerosos lugares de España: a ría de Bilbao (AHV), Ferrol (astilleros públicos, tanto militares como civís), a bahia de Cádiz (astilleros).
Agora, centrándonos en Ferrol, contemplamos o panorama desta reconversión.
Os sucesos comezaron coa crisis do petróleo, ocasionando que se deixaran de construir petroleiros nos astilleros.
A comezos dos 70 se empezan a producir os primeiros problemas en Ferrol, entre eles o máis destacado é a conflictividade entre os traballadores e a dirección durante a firma do V Convenio Colectivo, este convenio non foi aceptado polos traballadores, e a dirección decide expedientar a dous traballadores, sen salario e prohibión de entrada na factoría. O 10 de Marzo de 1972 prodúcese unha folga como mostra de solidariedade con estes dous traballadores, cando esta manifestación se dirixía polo astilleiro de Fene a policía franquista disparou contra a multitude ocasionando dous mortos(Amador Rey e Daniel Niebla) e moitos feridos.
![]() |
Manifestación do 10 de Marzo de 1972 |
Cando morre Franco, o goberno español comenza as negociacións cos sindicatos, en 1978 firmase o primer acordo o cal deixa os astilleros ferrolanos en peor situacion que calquera outro.Sen embargo o máis influínte foi acordo de 1984 o cal afectou a miles de traballadores; na ría de Ferrol durante o periodo 1979-1989, entre ASTANO e Bazán perderonse 7670 empregos directos asi consecutivamente ata o antepenúltimo plan, firmado en 1994 e, como non, reducindo pouco a pouco a plantilla.
Desta maneira, Ferrol tiña 91.764 habitantes en 1981, e progresivamente ese número foise reducindo ata os 77.155 de 2005, en 24 años a población de Ferrol diminuiu nun 16%, sen embargo, Galicia creceu un 0,3%, a provincia coruñesa creceu nun 4% e vigo agrandou nun 13,5%, (todas no mesmo período).
Por que entón so Ferrol diminuiu? Porque os poderosos quixeron, a eles dálles o mesmo que miles de persoas sofran e queden como pouco mais que lixo na rúa se eles consiguen o seu diñeiro,manteñen a sua ansiada posición e disfrutan a exclusividade das cousas que nos quitan.
Se esta cidade se recuperara e o empleo volvese aos lugares de onde eles o eliminaron permitiremos que nolo volvan a quitar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario