Casouse con Manuel Jesús Mier López o 8 de Agosto de 1959, ela tiña 26 anos e él tiña 29 anos.
Miña avoa e meu avó na súa voda |
Miña avoa co meu pai en brazos |
Meu avó co meu pai (á dereita) xunto cos compañeiros de traballo |
Despois da guerra "os maquis" viñan a robar víveres e unha vez ela quedou atrapada nun comercio cercano ao pobo onde eles viñeran a robar; ata que "os maquis" se foron, tiveron a todas as persoas pegadas ao chan.
Tamén recorda dun día cando baixaba coa súa nai para o centro do pobo e viron como un rapaz topábase con dous homes da Garda Civil, estes déronlle o alto e o rapaz crindo que era una broma pasou deles, un dos homes disparou ao rapaz xusto diante de Villa Mier e non deixaron que ninguén se acercara ata que o rapaz se desangrou.
Esta casa é Villa Mier ,diante dela foi asasinado o rapaz |
Xa cando todos os seus irmáns marcharon quedou ela co seu pai e os seus fillos. O meu pai e o meu tio colleron de traballo a rama militar e fóronse do pobo, o bisavo morreu pouco despois e a miña avoa quedou soa.
Agora imos visitala cando podemos, no verán.
Miña avoa na actualidade |
No hay comentarios:
Publicar un comentario