Meu avó Plácido |
Seguíu a carreira militar do seu pai, meu bisavó (contramaestre militar), e foi escribiente.
Meu bisavó, Manuel Mouriño |
Estivo embarcado no cruceiro Canarias (barco da Armada Española). Estando de dotación neste barco, xunto co resto da dotación, asistiron como representantes de España á boda relixiosa do Rei e a Raiña en Grecia. Alí, tiveron unha recepción para os españois que foron e os que vivían alí, con un banquete.
Cruceiro Canarias iluminado con bombillas. |
No centro meu avó, durante a súa estancia en Grecia. |
Meu avó, o más alto, forte e moreno da fotografía. |
Cásase aos 28 años con María Flor Rodríguez Molina, nacida en Madrid (1941), cando ela ten 21 anos de idade.
Miña avoa Flor |
Meu avó nun dos viaxes a Guinea |
Miña nai (esquerda) e un dos seus irmáns co seu pai a primeira vez que ía ao cine. |
Miña nai (dereita) cos meus avós e dous dos seus irmáns na praia de Cobas. |
Cabe mencionar que o seu avó era o home máis alto da Armada Española no seu tempo.
No golpe de Estado de Tejero (1981) vivían nun barrio militar en Canido, e o único militar que non estaba embarcado era él. Todos tiveron medo debido á posibilidade dunha nova Guerra Civil e todas as mulleres do edificio foron a refuxiarse á casa dos meus avós por ser a única na que había un home.
Co paso do tempo, como a familia era numerosa e cada vez aumentaba máis, conseguíu outro emprego nun bufete de avogados.
Tíña unha saúde de ferro, pero aos 52 anos (1985), faleceu dun cáncer.
Certificado de nacemento do meu avó Plácido |
Tamén encontrei un blog o cal ten informacion sobre un enfrontamento entre o San Miguel de Cervantes e o Canarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario