A familia comeza con un noble aquitano que se trasladou á fronteira navarra e que deu orixe á casa Jiménez; dando a súa vez orixe aos primeiros Reis de Navarra.
Un membro desta familia, foi nomeado Conde de Álava polo Rei de León (século X), este home cambia o seu apelido polo de Vela. Anos máis tarde o crecente poder dos Condes de Castela da lugar a unha gran rivalidade cos Condes de Álava, xa que estos últimos víanse coma os seus iguais e non coma o seus súbditos. Este enfrontamento resultou no abandono voluntario do Conde de Álava rexente, poñendo destino a Sevilla, onde axudou ao Emir para realizar a súa venganza contra o condado de Castela.
Esta forte rivalidade entre ambas familias alcanzou o seu cenit no 1029, co asasinato do tercer Conde de Castela por parte dos tres irmáns da familia Vela. Os tres irmáns foron executados.
O último e cuarto irmán, fuxiu co resto da familia a Alles (Valle de Peñamellera Alta).
Iglesia de San Pedro (Alles), do século XVIII. Ao fondo vemos o pico de Peñamellera Alta. |
Vistas de Alles dende a casa da miña avoa. |
Tralo asasinato do último herdeiro da familia Fernán- González (Condes de Castela), os Vela foron perseguidos no reino de Navarra e no condado de Castela para ser "xulgados". Para que isto non ocorrese, os Vela cambiaron o seu apellido ao de Mier1, que chegou ata hoxe.
Escudo da familia Mier |
San Miguel de Cervantes |
No hay comentarios:
Publicar un comentario