domingo, 26 de enero de 2014

Manuel Jesús "o cazador de Peñamellera"


O meu bisavó Manuel Jesús Sánchez González naceu o 13 de Setembro de 1903. Era cazador, dende xoven aficionouse a isto e ademais era un complemento para a economía doméstica.

Esta é a súa licencia de cazador

Este é o meu bisavó Manuel Jesús

Casouse aos 19 anos con Ángela Villar Mier (18 anos) e tiveron 12 fillos, pero un deles morreu ao nacer.

O meu bisavó Manuel Jesús e a miña bisavoa Ángela Villar
Él xa era da Falanxe incluso antes da guerra, perseguíronno por estar afiliado a esas ideas. Colléronno preso os republicanos e o levaron aos campos de concentración de Oviedo. Ali os torturaban, e obligábanlles a facer traballos forzados e tamén os mataban; meu bisavó fíxose pasar por enfermo e conseguiu escapar, camiñou todo o camiño de volta e escondeuse nunhas covas cercanas, onde a familia traíalle a escondidas un pouco de comida, sobrevivíu deste modo ata que os nacionais chegaron á zona. Durante o tempo que estivo escondido a miña bisavoa tivo que coidar aos seus primeiros seis fillos sóa.
Trala chegada dos nacionais a Asturias polo Occidente desenterraron as fosas comúns e alí moitos familiares foron a recoñecer os corpos,os cales estaban maniatados e tiñan as bocas cosidas con alambre.

Trala Guerra Civil o seguiron pasando mal debido á escasez de alimentos. Xa rematada a guerra todavía quedaban algúns focos de resistencia "os maquis" aos cales os da zona chamaban "los emboscaos", estes eran o que quedaba das forzas republicanas, actuaban coma guerrillas, baixaban de vez en cando aos pobos para coller o pouco que tiña a xente nas casas. Seguiron con esa dinámica durante varios anos e incluso mataron a algunha persoa do pobo.

Xa vellos celebran as bodas de ouro.



Finalmente ela morre aos sesenta e nove anos e él morre aos 79.

No hay comentarios:

Publicar un comentario