Fai xa uns cinco días decidín facer a viaxe a San Andrés de Teixido; si , ese lugar no cal a lenda di "se non vai de vivo vai de morto".
O caso é que a noite anterior a miña viaxeciña soñei cun gato e unha voz me dixera que o axudase, non entendín o significado do soño, asi que ignoreino e púxenme a preparar as cousas para a miña viaxe.
Empezei por vestirme con roupa de inverno por que xa vai vendo frío e non me levo moi ben cos resfriados: un poliño, unha sudadera das máis gordas, un pantalón vaqueiro, uns calcetines grosos, unhas botas, un abrigo e unha bufanda; xa vestido para non pasar frío dispúxenme a facer as outras cousas, fíxenme uns bocatas de chourizo con queso que pintaban boisimos, é máis, xa tiña unhas ganas de comer un que non aturaba; decidín por si acaso quedaba cun pouco de fame de levar a carteira.
Xa preparado empezei a miña viaxeciña, claramente a pé, e como parecíame divertido, indo polos camiños dos montes. Antes de saír da cidade de Ferrol parei nunha cafeteria para tomar un desayuno, (fixera ben en coller a carteira).
Sen embargo a viaxe empezou a ser interesante no momento no que un gato empezara a seguirme polo camiño do monte, non é que fora a gran cousa pero é raro que un gato salvaxe non fuxa ao ver a unha persoa.
Despois dunha camiñata, parei a tomar un dos meus bocatas sentado nunha pedra, xa co bocata medio acabado acordeime do gato e mirei cara atrás....ali estaba, sentado no camiño, sen embargo como non se movia virei a cabeza cara diante e seguin co meu bocata; ao cabo duns segundos oín un ruido e mirei outra vez cara atrás, o gato xa non estaba. A onde fora? A resposta apareceu en breve ao volver a mirar ao frente, ali estaba o gato, sentado ao meu lado coma se me coñecese de toda a vida; agora que me fixaba no gato era moi bonito, era un gato siamés bastante grandiño cuns ollos azuis que parecían poder mirar dentro de ti e o rabiño característico dos siameses, cunha pequena malformación ao final deste.
Parecía que lle agradaba ao gato, porque seguiume despois de acabar o bocata, asi que decidín facer a viaxe con él. Cheguei a un punto no que podia ver unhas casas, acerqueime e ali habia un pequeno comercio, pensei que o gato tería fame asi que compreille unha lata destas de comida e cando volvin ao camiño estaba alí esperandome.
Abrin a lata e o gato animouse dunha maneira apaspante e empezou a comer coma un condenado, tras acabar a lata, recollinna e tireina nunha papeleira cercana ao camiño do monte. Xa coa barriga do gato chea puxémonos en marcha e xa tras dous horas de camiñata senteime de novo (esta vez nunha árbore caida) e comecei a comer o segundo bocata. Mirei mentres comía a ver que facía o gato, él estaba a mirar unha folla de ortigas e con bastante curiosidade polo que aparteino para que non as tocase.
Xa a metade do camiño Serxio (un amigo) chamoume para saber se poderiamos ir ao final a casa dunha coñecida da miña nai para investigar uns sucesos estraños, eu díxenlle que si que poderíamos, pero tarde, xa que tiña que acabar a miña viaxe.
Polo camiño encontreime varias veces con persoas de aldeas cercanas que saían a pasear co perro, polo que moitas veces o gato subiase a miña espalda e agardaba agazapado nun dos meus ombros a que o perro pasase de largo, incluso unha vez polo medo subiuse a velocidade do raio a unha árbore pero logo non soubo baixar e tiven que subir a baixalo.
Tras uns minutos do suceso da árbore puxose a chover; maldicín ao demo e a todo o que se me ocorreu, pois non levaba paraugas e a capucha pouco iame protexer. Ao lonxe via unha casa e ali un vello abriume a porta, expliqueille o da miña viaxe e que non tiña outra maneira de protexerme; o vello de boa gana me deixou pasar. O vello foi cara a cociña e volveu acompañado dunha velliña a cal ofreceume galletiñas e un café, aceptei xa que o café quentaríame un pouco o corpo.
Trala merendiña expliqueilles mais detalladamete e con máis calma a onde me dirixia e contaronme moitas lendas de San Andrés de Teixido pero a que máis gustábame era a lenda de que, se non ías alí cando estabas vivo, ao morrer reencarnabas nun animal para ir.
Parou de chover e despedinme dos dous vellos, tamén agradecín a sua hospitalidade. Continuei a miña viaxe e acabeime o meu último bocata no traxecto. Logo dunha hora máis ou menos cheguei á vila e fun cara a ermita. Unha vez dentro contemplei un pouco o lugar pois a ermita era moi antiga e tiña a sua historia, finalmente encendín a miña vela, como xa acabara o que viñera a facer, pensaba marchar pero o gato puxose diante miña e maullou; non entendín que querria o gato pero todo o rato viña as miñas pernas e logo ia canda as velas, pensei que incluso o gatiño quereria encender a sua vela polo que encendín unha por él.
Cando a vela encendeuse escoitei un "grazas" no aire, moi baixiño, e cando mirei atrás o gato desaparecera.
Sinceramente echarei ao gatiño de menos, era moi pesadiño algunhas veces pero era moi bó.
Saín da ermita e púxenme en marcha cara a casa dun amigo que vivia ali e ,que ia marchar cara Ferrol polo que eu aproveitaba para que me levase.
Xa en casa, Serxio chamoume para que baixara e fóramos a investigar un caso da Santa Compaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario