domingo, 18 de mayo de 2014

A onde vou? De donde veño?

Nesta entrada vou a falar un pouquiño da situación que está a vivir fundamentalmente a xuventude galega e que repercute directamente na súa sociedade.

Seguramente oíchedes sobre a masiva emigración dos rapaces galegos cara outras áreas de España, e fundamentalmente a outros países occidentales. A que se debe isto?

A forma fácil de explicalo é na que vos digo que aquí, en Galicia, non hai traballo. É dicir, non o hai e non o crean porque non lles da a gana aos "de arriba". Aínda así eu podería dicirvos que si hai un sector no cal estaríase creando emprego, o sector primario. Neste sector os que traballan a terra son maioritariamente persoas de idade avanzada e a suplición deses postos está case garantizada.

Pero como é normal, volvemos aos problemas. Os rapaces galegos non queren traballar no campo por dúas sinxelas razóns: que ese tipo de traballo non lles gusta e porque cobrarían moi pouco. Xa que non hai traballo, que fan estes rapaces? Emigrar, e con isto producense outras dúas cousas: a fuga de cerebros sempre tan comentada e do que falei noutra entrada, o avellentamento da poboación galega.

Se me preguntades como será esta situación no futuro. Pois sería algo parecido a Galicia-País dos vellos.
Aínda por riba de eso debido a que os que traballan a terra ven que non cobran case nada, venden ás súas terras a empresas e privatizan as zonas.

Polo que ao futuro haberá que añadirlle que ó redor das cidades veremos verxas e alambradas debido a que todo o campo e monte galego será privado. Unha visión triste, moi triste. Pero sen importancia para os que utilizaran nese momento a terra. Ó diñeiro manda, os beneficios mandan. Onde haxa diñeiro hai sonrisas e listo. Os galegos rodeados de verxas coma se foxe unha comunidade-cárcere, e os ricos aos que lles pertence agora a terra galega estarán na outra punta de España contando o seu bonito diñeiro no seu chalé.

Galicia vai mal, moi mal, non só neste ámbito ou nos que comentei nas outras entradas. Galicia vai mal en todos os aspectos, e eu pregúntome. Sucederá algo que nos libere por fin ou vereime obrigado a emigrar tamén?

No hay comentarios:

Publicar un comentario